Axudas públicas
Máis alá do seu impacto sobre a implantación do mercado interior comunitario, a concesión de axudas públicas, calquera que sexa a forma daquelas, constitúe unha forma de intervención na economía que pode alterar o funcionamento dos mercados. De feito, en ocasións esta actuación pode supoñer prexuízos ao xogo competitivo que, lonxe de favorecer o interese público, poden ir na súa contra.
A Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia permitiu afianzar e afondar as funcións da autoridade española de competencia en materia de axudas públicas, dentro do conxunto de atribucións encamiñadas á promoción da competencia.
En efecto, a Lei 15/2007 permítelle á CNMC emitir informes con respecto aos réximes de axudas e ás axudas individuais e dirixir recomendacións aos poderes públicos conducentes ao mantemento da competencia efectiva nos mercados. Así mesmo, a CNMC emitirá con carácter anual un Informe sobre as axudas públicas concedidas en España, que ten carácter público.
O Real Decreto 261/2008, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Defensa da Competencia (art. 7 e 8), precisa que a análise das axudas versará sobre aspectos tanto xurídicos como económicos, e poderá chegar a valorar aspectos como o plan estratéxico no que a axuda se integra, as súas bases reguladoras ou os elementos positivos e negativos da súa concesión dentro da denominada proba de sopesamento da axuda.
Por último, é de destacar a posta en marcha dun centro informativo telemático coas axudas públicas nacionais que fosen publicadas en diarios oficiais. Con esta atribución preténdese servir de complemento ao rexistro de axudas de Estado que xestiona a propia Comisión Europea.
Últimas Axudas
Número | Expediente | Tipo | Importe | Otorgante | Fecha |
---|---|---|---|---|---|
AE/CNMC/261/23 | PLAN DE COMUNICACIÓN Y PROMOCIÓN DE PRODUCTOS AGROALIMENTARIOS. COMUNIDAD VALENCIANA | Exenta UE | 75.000,00 € | GENERALIDAD VALENCIANA | 26/05/2023 |
AE/CNMC/260/23 | PREVENCIÓN CONTROL Y ERRADICACIÓN DE ENFERMEDADES. NAVARRA | Exenta UE | 1.225.000,00 € | GOBIERNO DE NAVARRA | 26/05/2023 |
AE/CNMC/259/23 | SUBVENCIONES PARA PROGRAMAS DE INCUBACIÓN DE PROYECTOS EN EL ÁMBITO DE LA CREATIVIDAD DIGITAL. CATALUÑA | Exenta UE | OFICINA DE APOYO A LA INICIATIVA CULTURAL. CATALUÑA | 26/05/2023 | |
AE/CNMC/258/23 | ESTUDIOS DE VIABILIDAD DE PROYECTOS PARA EL APROVECHAMIENTO DE ENERGÍA GEOTÉRMICA PROFUNDA -MRR- | Exenta UE | INSTITUTO DIVERSIFICACION Y AHORRO ENERGIA, IDAE | 24/05/2023 | |
AE/CNMC/257/23 | INSTALACIONES DE GENERACIÓN DE ENERGÍA ELÉCTRICA EN LAS ISLAS A PARTIR DE FUENTES DE ENERGÍA RENOVABLE -MRR- | Exenta UE | MINISTERIO PARA LA TRANSICION ECOLOGICA Y EL RETO DEMOGRAFICO | 24/05/2023 | |
AE/CNMC/256/23 | OFERTA CULTURAL EN ÁREAS NO URBANAS DE CANARIAS -MRR- | Exenta UE | www.gobiernodecanarias.org | 24/05/2023 | |
AE/CNMC/249/23 | PROYECTOS DE INVERSIÓN Y DESARROLLO INDUSTRIAL -2021-2023- . CATALUÑA. PROLONGACIÓN SA.63962 | Exenta UE | GENERALITAT DE CATALUÑA | 22/05/2023 | |
AE/CNMC/255/23 | AYUDA A SOGARCA. S.G.R. CANTABRIA | Exenta UE | 400.000,00 € | SOCIEDAD PARA EL DESARROLLO DE CANTABRIA -SODERCAN | 22/05/2023 |
AE/CNMC/254/23 | INNOVA 2023. CANTABRIA | Exenta UE | GOBIERNO DE CANTABRIA | 22/05/2023 | |
AE/CNMC/248/23 | PROYECTOS ESTRATÉGICOS DE I+D 2023-2026. NAVARRA | Exenta UE | GOBIERNO DE NAVARRA | 22/05/2023 |