Concentracións
Información xeral
Determinadas operacións de concentración económica son susceptibles de afectar de forma significativa o mantemento da competencia efectiva nos mercados. Por iso, a Lei de defensa da competencia establece un sistema de control previo obrigatorio pola nosa banda sobre aquelas concentracións que alcancen unha determinada cota de mercado (art. 8.1 a) ou un determinado volume de negocios (art. 8.1 b), sempre que non exista a obriga de notificalas á Comisión Europea.
Ambos os dous limiares baséanse na relevancia que teñen este tipo de operacións para os mercados afectados pola concentración (limiar de cota) ou para a economía española en xeral (limiar de volume de negocios).
Calquera operación de concentración que se deba comunicar á CNMC estará suxeita a unha obriga xeral (con algunhas excepcións) de suspensión da súa execución ata que non sexa autorizada.
Para notificar unha operación de concentración, a empresa ou empresas adquirentes deberán completar o formulario de notificación previsto no Regulamento de defensa da competencia que se encontra dispoñible na nosa sede electrónica.
Naquelas operacións de concentración que cumpran os limiares de notificación, pero que a priori non afecten significativamente a competencia efectiva (pola falta de solapamento entre as partes; reducidas cotas de mercado da entidade resultante; etc.), a Lei de defensa da competencia prevé a súa notificación mediante un formulario abreviado.
A Lei de defensa da competencia configura o procedemento de control de concentracións ante a CNMC en dúas fases.
Na primeira fase, que durará un máximo dun mes, analizaranse todas as operacións notificadas e o Consello decidirá se a operación notificada debe ser arquivada, se é susceptible de ser autorizada (con ou sen compromisos) ou, se pola contra, a concentración require ser analizada máis detalladamente polos problemas de competencia que poida xerar, o que dará paso á segunda fase do procedemento, na que xa se prevé a participación de terceiros interesados.
Tras a análise da operación de concentración na segunda fase, o Consello resolverá se a concentración debe ser autorizada de pleno ou autorizada con compromisos. No caso de que os compromisos non fosen suficientes para resolver os problemas de competencia que tivésemos identificados, o Consello pode decidir impoñer condicións á concentración que complementen ou substitúan os compromisos propostos pola notificante. Finalmente, en caso de que non existan compromisos ou condicións que permitan resolver os problemas de competencia identificados, podemos prohibir a concentración.
No caso de que a resolución do Consello sexa de prohibición ou subordinación a compromisos ou condicións, o Ministerio de Economía dispoñerá dun prazo de quince días para elevar a concentración ao Consello de Ministros. O acordo final, que poderá autorizar con ou sen condicións a concentración, deberá adoptarse nun prazo máximo dun mes e pode solicitarnos un informe.
Taxas
Para a realización da análise da concentración é necesario aboar unha taxa. A contía desta está definida no anexo da Lei 3/2013 de creación da CNMC, que pode ser modificada polas sucesivas Leis de presupostos xerais do Estado.
Para o pagamento desta debe completarse o formulario 791 que se encontra dispoñible na nosa sede electrónica.
O pagamento dende o estranxeiro da taxa por análise e estudo das operacións de concentración deberá realizarse a través da conta aberta para tal efecto no Banco Popular co seguinte título: “Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. Conta para a recadación de taxas no estranxeiro”. O xustificante do pagamento da taxa, que deberá achegarse co formulario de notificación, será a copia do documento acreditativo do pagamento.
Os datos da conta para efectuar o ingreso son os seguintes:
- CCC: 0182 2370 4502 0169 5223
- IBAN: ES34 0182 2370 4502 0169 5223
- BIC: BBVAESMM
Últimas resolucións
Todas as resolucións de concentracións do ámbito de competencia
Operacións en tramitación
Número | Expediente |
---|---|
C/1336/22 | BSC / M.I. TECH |
C/1369/23 | SONEPAR IBERICA / DIGAMEL - DIGAMEL AROUSA |
C/1348/22 | LOGISTA PUBLICACIONES / DISTRISUR |
C/1305/22 | GRIMALDI / TFB |