Informes

Coordinamos as propostas que se elevan ao Consello en informes sobre proxectos normativos.

Este labor de asesoramento ás administracións públicas propoñentes de nova normativa ou de cambios normativos, realízase sistematicamente dende o enfoque de promoción da competencia efectiva e fomento da regulación económica eficiente. Inclúense actuacións realizadas ben en exercicio de función consultiva, coa categorización de Informes de Proxectos Normativos (IPN) por estaren referidos a actuacións normativas ou de Informes; (INF) por referírense a actuacións non estritamente normativas (por exemplo, un informe sobre un Prego de contratación pública); ou ben de oficio como informes de posición coa categorización de Propostas (PRO).

Inclúense neste apartado todas aquelas actuacións coordinadas por este Departamento por solicitude dun Órgano propoñente de normativa, ben coa categorización de Informes de Proxectos Normativos (IPN) por estaren referidos a actuacións normativas ou ben coa categorización de Informes (INF) por referírense a actuacións obxecto de análise non estritamente normativas (por exemplo, un informe sobre un Prego de contratación pública). Adicionalmente, inclúense tamén aquelas actuacións ou propostas (PRO) aprobadas polo Consello da CNMC que, en virtude da súa independencia, se considera procedente trasladar á administración e á opinión pública respecto á posición da CNMC en relación con esta, dadas as súas implicacións para a competencia efectiva e a regulación económica eficiente.

 

Últimos informes sobre normativa

Últimos 10 informes sobre normativa