Actividad internacional

Participamos en diversos organismos internacionais:

" "ERGA

Somos membro do European Regulators Group for Audiovisual Media Service (ERGA), grupo creado pola Comisión Europea mediante Decisión do 3 de febreiro de 2014. Este grupo está composto polas autoridades independentes competentes en materia audiovisual dos Estados membros da Unión Europea.

ERGA aconsella e asiste á Comisión Europea na aplicación uniforme do marco regulador dos servizos de comunicación audiovisual, así como sobre calquera outra cuestión relacionada cos medios de comunicación audiovisual que sexa competencia da Comisión. Así mesmo, ERGA facilita tanto o intercambio de información e boas prácticas na aplicación do marco regulador europeo audiovisual, coma a cooperación e colaboración entre os seus membros.

Para iso, creáronse uns grupos de traballo nos que participamos activamente.

" "EPRA

Somos membro da European Platform of Regulatory Authorities (EPRA), plataforma creada en 1995, que constitúe un foro de discusión informal e intercambio de experiencias e coñecementos entre as autoridades reguladoras audiovisuais en Europa.

 

" "    Outros

Na actualidade, ocupamos a vicepresidencia de Mediterranean Network of Regulatory Authorities (MNRA). Esta Rede creada en 1997 constitúese como foro de discusión e intercambio de información sobre cuestións relativas á regulación audiovisual entre as autoridades reguladoras independentes do Mediterráneo.

Así mesmo, ocupamos a presidencia da Conferencia Ibérica de Consellos do Audiovisual (CICA).  Ademais da CNMC, esta plataforma está integrada polo Consello Audiovisual de Andalucía (CAA), o Consell de l’Audiovisual de Catalunya (CAC), e a Entidade Reguladora para a Comunicaçao Social (ERC, Autoridade Audiovisual de Portugal). Con ela, búscase crear e definir as canles que permitan un intercambio eficaz de información e experiencias entre os seus membros, así como as vías de colaboración e cooperación no desenvolvemento das súas funcións.

Por último, tamén somos membro da Plataforma de Reguladores do Sector Audiovisual de Iberoamérica (PRAI), creada en Chile no ano 2010. O seu obxectivo é constituír un foro de debate e cooperación, de intercambio permanente de información e investigación sobre materias relacionadas co marco legal da regulación audiovisual.