Axudas públicas
Máis alá do seu impacto sobre a implantación do mercado interior comunitario, a concesión de axudas públicas, calquera que sexa a forma daquelas, constitúe unha forma de intervención na economía que pode alterar o funcionamento dos mercados. De feito, en ocasións esta actuación pode supoñer prexuízos ao xogo competitivo que, lonxe de favorecer o interese público, poden ir na súa contra.
A Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia permitiu afianzar e afondar as funcións da autoridade española de competencia en materia de axudas públicas, dentro do conxunto de atribucións encamiñadas á promoción da competencia.
En efecto, a Lei 15/2007 permítelle á CNMC emitir informes con respecto aos réximes de axudas e ás axudas individuais e dirixir recomendacións aos poderes públicos conducentes ao mantemento da competencia efectiva nos mercados. Así mesmo, a CNMC emitirá con carácter anual un Informe sobre as axudas públicas concedidas en España, que ten carácter público.
O Real Decreto 261/2008, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Defensa da Competencia (art. 7 e 8), precisa que a análise das axudas versará sobre aspectos tanto xurídicos como económicos, e poderá chegar a valorar aspectos como o plan estratéxico no que a axuda se integra, as súas bases reguladoras ou os elementos positivos e negativos da súa concesión dentro da denominada proba de sopesamento da axuda.
Por último, é de destacar a posta en marcha dun centro informativo telemático coas axudas públicas nacionais que fosen publicadas en diarios oficiais. Con esta atribución preténdese servir de complemento ao rexistro de axudas de Estado que xestiona a propia Comisión Europea.
Últimas Axudas
AE/CNMC/017/24
Exenta UE
300.000,00 €
JUNTA DE EXTREMADURA
09/04/2024
AE/CNMC/018/24
Exenta UE
597.696,00 €
CONSEJERÍA DE CULTURA, TURISMO Y DEPORTES, COMUNIDAD DE MADRID
08/04/2024
AE/CNMC/016/24
Exenta UE
20.100.000,00 €
AGENCIA ESTATAL DE INVESTIGACIÓN
08/04/2024
AE/CNMC/015/24
Exenta UE
600.000,00 €
SERVICIO CANARIO DE EMPLEO
08/04/2024
AE/CNMC/014/24
Exenta UE
5.000.000,00 €
GOBIERNO DE ARAGON
08/04/2024
AE/CNMC/013/24
Exenta UE
158.499.270,00 €
MINISTERIO DE TRANSPORTES Y MOVILIDAD SOSTENIBLE
08/04/2024
AE/CNMC/012/24
Exenta UE
150.000.000,00 €
GOBIERNO DE CANARIAS
08/04/2024
AE/CNMC/011/24
Exenta UE
19.157.500,00 €
INSTITUTO GALLEGO DE VIVIENDA Y SUELO
08/04/2024
AE/CNMC/010/24
Exenta UE
769.668,00 €
GOBIERNO DE CANARIAS
08/04/2024
AE/CNMC/009/24
Exenta UE
13.938.265,00 €
GOBIERNO DE CANARIAS
08/02/2024