Vixilancia

Encargámonos de vixiar que as Resolucións/Acordos en materia de competencia se cumpran e de evitar que se convertan en simples declaracións teóricas inútiles e caras.

A vixilancia é o conxunto de actuacións que teñen por obxecto asegurar o cumprimento das obrigas (condicións, compromisos e sancións) adoptadas polo Consello co obxecto de preservar ou instaurar a competencia naqueles mercados nos que esta podería ter sido eliminada ou negativamente afectada.

O incumprimento das Resolucións/Acordos adoptados é unha infracción moi grave da Lei de defensa da competencia que pode ser sancionada con multas de ata o 10% do volume de negocio total da empresa incumpridora no exercicio anterior ao da imposición da multa, independentemente da imposición de multas coercitivas de ata 12.000 euros/día co fin de obrigar ao cumprimento do ordenado na resolución, e mesmo ordenar a desconcentración no caso de incumprimento das condicións/compromisos aos que se subordinou esta.