Telecomunicacións

Garantimos o correcto funcionamento dos mercados de comunicacións electrónicas a través do establecemento e da supervisión do cumprimento das obrigas por parte dos operadores e a resolución dos conflitos entre os axentes no mercado.

Funcións

Análise de mercados

Definimos e analizamos periodicamente o nivel de competencia dos mercados de comunicacións electrónicas co obxecto de valorar se é necesario impoñer obrigas regulatorias específicas.

Concreción e desenvolvemento de obrigas

Impoñémoslles obrigas específicas aos operadores con poder significativo de mercado nos mercados de referencia correspondentes e comprobamos o seu cumprimento.

Servizo universal e contabilidade regulatoria

Aprobamos a declaración anual do custo neto do servizo universal, calculamos o custo neto do servizo universal e determinamos os operadores obrigados a contribuír ao Fondo Nacional do Servizo Universal. Establecemos os sistemas de contabilidade de custos dos operadores sometidos á contabilidade regulatoria.

 

Conflictos

Resolvemos os conflitos entre operadores ou entre operadores e outras entidades que se beneficien das obrigas de acceso e interconexión, en relación coas materias reguladas pola normativa sectorial de telecomunicacións.

Portabilidade

Establecemos as características e as condicións técnicas da conservación da numeración (portabilidade), tanto fixa como móbil.

Informes, consultas e circulares

Elaboramos informes sobre proxectos normativos, plans de axudas públicas e instrumentos de ordenación de ámbito territorial inferior, e resolvemos consultas formuladas polos operadores e axentes afectados sobre a normativa e as materias que poidan afectar o desenvolvemento do mercado.

Sancionadores

Supervisamos o cumprimento da normativa e regulación sectorial, investigamos as denuncias e resolvemos os procedementos sancionadores incoados aos operadores por infraccións da normativa sectorial.

Rexistros e SXDA

Xestionamos os rexistros de operadores de comunicacións electrónicas, de recursos públicos de numeración e de parámetros da televisión dixital terrestre e o Sistema de Xestión de Datos de Abonado.

Internacional

Participamos activamente en distintos foros internacionais: Body of European Regulators for Electronic Communications (BEREC); Independent Regulators Group (IRG), Grupo de Reguladores Euromediterráneos (EMERG); Foro Latinoamericano de Entes Reguladores de Telecomunicacións (REGULATEL)

Actividad

Servicios a su disposición

 

Consulta del estado de la numeración

Información actualizada de numeración portada móvil o fija.

 

Síguenos por RSS

Añade nuestro feed de telecomunicaciones a tu servicio favorito.

Consultas públicas

Permite acceder a la documentación de las consultas públicas abiertas en materia de telecomunicaciones en la CNMC y de otras Administraciones.