Listen

Alfabetización mediática

A alfabetización mediática refírese á capacidade das persoas de acceder, comprender, crear e avaliar de forma crítica os diferentes tipos de medios de comunicación e as redes sociais, co obxectivo de participar activamente na vida democrática.

En concreto, comprende o desenvolvemento de competencias e destrezas das que deben dispoñer os cidadáns para avaliar criticamente a información (como noticias, fotos, vídeos, etc.) que ofrecen os distintos medios e redes sociais. Estas competencias deben estar orientadas a que os usuarios entendan os contidos que consomen e poidan identificar as súas fontes.

A alfabetización mediática tamén engloba o desenvolvemento de coñecementos e actitudes de comprensión crítica para que os usuarios utilicen de maneira segura e eficaz os medios, que lles permita realizar unha análise crítica, e do mesmo xeito poder crear contidos de forma segura e responsable.

Ademais, estas medidas deben axudar aos cidadáns a poder distinguir entre feitos e opinións, recoñecer as noticias falsas e os procesos de desinformación.

¿Quen ten que poñer en marcha medidas de alfabetización mediática?
+
-
Que non é a alfabetización mediática?
+
-
A que clase de perigos nos enfrontamos?
+
-
¿Por que é importante a alfabetización mediática?
+
-
Resultouche útil esta información?