Condutas Anticompetitivas
CONTENIDOS
- Condutas prohibidas
- Acordos prohibidos
- Abuso de posición dominante
- Actos desleais
- Últimas resolucións publicadas
- Expedientes en tramitación
Condutas prohibidas
A competencia nos mercados axuda a conseguir mellores prezos, produtos e servizos de máis calidade, un nivel de desenvolvemento técnico máis avanzado e, en definitiva, máis produtividade e máis competitividade para as nosas empresas.
A existencia dunha competencia efectiva entre as empresas constitúe un dos elementos definitorios da economía de mercado, disciplina a actuación das empresas e reasigna os recursos produtivos en favor dos operadores ou das técnicas máis eficientes. Esta eficiencia produtiva trasládase ao consumidor en forma de menores prezos ou dun aumento da cantidade ofrecida dos produtos, da súa variedade e calidade, co conseguinte incremento do benestar do conxunto da sociedade.
Para evitar que esta competencia sexa afectada por determinados comportamentos das empresas, perseguimos e sancionamos condutas anticompetitivas prexudiciais para os mercados.
Acordos prohibidos
Está prohibido que as empresas alcancen acordos para fixar prezos ou outras condicións comerciais, que repartan o mercado ou que poñan límites á produción.
Un exemplo deste tipo de acordos prohibidos encontrariámolo no caso dos carteis. Varias empresas dun mesmo sector acordan de xeito secreto subir os prezos dos seus produtos e en medida similar, situación que prexudica o mercado e os consumidores. A investigación dos carteis supón, de feito, unha das nosas prioridades.
Non obstante, existen algúns acordos entre empresas que, aínda que cumprirían os requisitos do artigo 1 da Lei 15/2007, non son sancionables porque se considera que teñen efectos favorables para os consumidores, producen melloras na produción, na distribución ou na comercialización ou fomentan o progreso técnico.
Todos estes efectos positivos contrarrestarían os efectos prexudiciais dende o punto de vista da competencia. Un exemplo destes acordos son algúns rexistros de morosos que facilitan un mellor funcionamento das relacións empresa-clientes en determinado sector. A Lei de defensa da competencia implantou o sistema de autoavaliación por parte das empresas, como fai a Comisión Europea.
Abuso de posición dominante
A Lei de defensa da competencia prohibe a explotación abusiva por parte dunha ou varias empresas da súa posición dominante.
Unha empresa ten posición dominante se no mercado no que actúa ten capacidade de comportarse dunha forma relativamente independente, sen ter en conta os seus provedores, clientes ou competidores.
Exemplos de explotación abusiva dunha posición dominante son:
- Impoñer prezos ou outras condicións comerciais non equitativas.
- Negarse de forma inxustificada a satisfacer as demandas de compra de produtos ou de prestación de servizos.
- Subordinar a celebración de contratos á aceptación de prestacións que non gardan relación co contrato.
Actos desleais
Podemos sancionar, tamén, os actos de competencia desleal ou de denigración de competidores que afecten o interese público.
Calquera persoa (física ou xurídica, interesada ou non) pode formular unha denuncia das condutas reguladas pola Lei de defensa da competencia.
A denuncia deberá ter o contido descrito no ANEXO I do Regulamento de defensa da competencia.
Guía contra el fraude na licitación pública
PDF, 2 páginas
Últimas resolucions
Todas as resolucións de condutas anticompetitivas do ámbito da competencia.
Expedientes en tramitación
Ver todos os expedientes de condutas anticompetitivas en tramitación nestes momentos