Portal de transparencia

Ley 19/2013, de 9 de diciembre

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ten como finalidade ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública como mecanismo para facilitar o control da actuación pública.

A CNMC, no exercicio das súas funcións e actividades, trata o réxime de transparencia dende dúas perspectivas: a publicidade activa e o dereito de acceso dos cidadáns á información pública.
 

Información institucional, organizativa e de planificación

De acordo ao art.º 6 da Lei 19/2013 a continuación publícase a información relativa ás funcións que desenvolve a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, a normativa que é de aplicación e a estrutura organizativa, incluído un organigrama actualizado que identifica os responsables dos diferentes órganos, o seu perfil e a traxectoria profesional.

Tamén se detallan os plans e programas anuais e plurianuais nos que se fixan obxectivos concretos, así como as actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución. O seu grao de cumprimento e resultados son obxecto de avaliación e publicación periódica xunto cos indicadores de medida e valoración.

 


Así mesmo existe un Código de Conduta para o persoal da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. Disponse para a súa aplicación da correspondente caixa de correo de denuncias interna.

Código de conducta

 

Información de relevancia xurídica

De acordo co art.º 7 da Lei 19/2013 a continuación móstranse os enlaces para consultar as directrices, instrucións, acordos, circulares ou respostas a consultas formuladas polos particulares ou outros órganos na medida que supoñan unha interpretación do Dereito ou teñan efectos xurídicos.

Toda a actividade da CNMC incluíndo tamén as memorias, informes, análises propostas, normativas e documentos que deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación pode encontrarse a través dos seguintes dous buscadores:

 

 

Últimas 10 Sesiones de Consejo
Número Sesión Sala Fecha Celebración Consejo
P/097/18 PLENO SESIÓN 18 ABRIL 2018 Pleno del Consejo 18/04/2018
SSR/243/18 SSR SESION 19 ABRIL 2018 Sala de Supervisión Regulatoria 19/04/2018
SC/014/18 SC SESIÓN 19 ABRIL 2018 Sala de Competencia 19/04/2018
SSR/242/18 SSR SESIÓN 12 ABRIL 2018 Sala de Supervisión Regulatoria 12/04/2018
SC/013/18 SC SESIÓN 12 ABRIL 2018 Sala de Competencia 12/04/2018

 

Se o prefire, pode consultar esa mesma información navegando de forma estruturada a través dos principais ámbitos de actuación da CNMC:

 

Información económica, presupostaria e estadística

De acordo co art.º 8 da Lei 19/2013 a continuación móstranse os enlaces para consultar a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou presupostaria, así como datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume presupostario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

 

 

Respecto á información estatística do mesmo art.º 8 da Lei 19/2013, no seguinte enlace pódense consultar os datos estatísticos necesarios para valorar o grao de cumprimento e a calidade dos servizos públicos que son competencia da CNMC, así como descargar os datos en bruto noutros formatos reutilizables por outros sistemas de información (reutilizables):