Transporte

Fomentamos o correcto funcionamento dos mercados aeroportuario e ferroviario mediante a supervisión das condicións de acceso ás infraestruturas, en particular, as tarifas aeroportuarias e os canons ferroviarios.

Funcións

Aeroportuarias

Supervisión de tarifas

Revisamos as propostas de modificación ou actualización das tarifas aeroportuarias.

Supervisión do procedemento de consultas

Garantimos a transparencia do procedemento de consultas entre o xestor aeroportuario e as asociacións das aeroliñas usuarias dos aeroportos.

Resolución de conflitos

Resolvemos conflitos no sector aeroportuario.

 

Actividade internacional

Participamos activamente en distintos foros internacionais como o Foro de Tesalónica

Informes e consultas

Elaboramos informes sobre proxectos normativos, estudos e resolvemos consultas sobre materias que poidan afectar o desenvolvemento do mercado.

 

Ferroviarias

Control das obrigas de acceso

Garantimos a igualdade entre empresas no acceso ao mercado dos servizos ferroviarios.

Supervisión dos canons

Revisamos as propostas de modificación ou actualización dos canons ferroviarios.

Supervisión das tarifas

Revisamos as propostas de modificación das tarifas dos servizos complementarios.

 

Resolución de conflitos

Resolvemos os conflitos no sector ferroviario.

Consultas aos usuarios

Realizamos consultas aos representantes dos usuarios.

Indicadores

Realizamos o seguimento dos principais indicadores.

 

Actividade internacional

Participamos activamente en distintos foros internacionais como IRG Rail (Grupo de Reguladores Europeos Ferroviarios) ou ENRRB (European Network of Railway Regulatory Bodies).

Informes e consultas

Elaboramos informes sobre proxectos normativos, estudos e resolvemos consultas sobre materias que poidan afectar o desenvolvemento do mercado.

Servizos á súa disposición

Síguenos por RSS

Engade o noso feed de transporte ao teu servizo favorito