Supervisón dos cánons

Velamos por que os canons ferroviarios cumpran o disposto na lexislación vixente. Desta forma, ADIF e ADIF Alta Velocidade deben presentarnos unha proposta de canons que deben someter a consulta das empresas ferroviarias e a informe previo da CNMC. Para facer as comprobacións necesarias, podemos encargar e realizar auditorías aos administradores de infraestruturas de forma que poida coñecer os custos subxacentes á prestación destes servizos.

Ademais, o Regulamento comunitario tamén nos outorga funcións na análise dos modelos de custos directamente imputables ao servizo ferroviario.

Finalmente, en relación coa aplicación do sistema de incentivos no sistema dos canons ferroviarios previsto na Orde FOM/189/2015, ademais de resolver calquera conflito que derive da súa aplicación, resolvemos sobre os parámetros básicos do sistema, no caso de que non haxa acordo entre os administradores das infraestruturas e as empresas ferroviarias. Contamos, ademais, cun representante no Comité de seguimento do sistema de incentivos.

Últimas resoluciones

Todas las resoluciones de supervisión de cánones ferroviarios

Supervisión das tarifas

Ademais das competencias relacionadas co acceso das empresas ferroviarias ás instalacións de servizo, tamén supervisamos que as tarifas aplicadas aos servizos complementarios estean orientadas aos custos máis un beneficio razoable. Os servizos complementarios inclúen a subministración de corrente de tracción, a subministración de combustible de tracción en instalacións fixas, o prequentamento de trens de viaxeiros, os contratos personalizados para mercadorías perigosas e convois especiais e a carga e descarga de unidades de transporte intermodal (UTIs).

Analizamos as propostas tarifarias dos explotadores destas instalacións, polo que realizamos un informe previo no prazo dun mes. Este trámite é necesario para que os explotadores poidan publicar, de conformidade coa Lei do sector ferroviario, as súas tarifas na Declaración sobre a rede.

 

Últimas resolucions

Todas as resolucións de supervisión de tarifas ferroviarias