Portal de transparencia

Ley 19/2013, de 9 de diciembre

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ten como finalidade ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública como mecanismo para facilitar o control da actuación pública.

A CNMC, no exercicio das súas funcións e actividades, trata o réxime de transparencia dende dúas perspectivas: a publicidade activa e o dereito de acceso dos cidadáns á información pública.
 

Información institucional, organizativa e de planificación

De acordo ao art.º 6 da Lei 19/2013 a continuación publícase a información relativa ás funcións que desenvolve a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, a normativa que é de aplicación e a estrutura organizativa, incluído un organigrama actualizado que identifica os responsables dos diferentes órganos, o seu perfil e a traxectoria profesional.

Tamén se detallan os plans e programas anuais e plurianuais nos que se fixan obxectivos concretos, así como as actividades, medios e tempo previsto para a súa consecución. O seu grao de cumprimento e resultados son obxecto de avaliación e publicación periódica xunto cos indicadores de medida e valoración.

 


Así mesmo existe un Código de Conduta para o persoal da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia. Disponse para a súa aplicación da correspondente caixa de correo de denuncias interna.

Código de conducta

 

Información de relevancia xurídica

De acordo co art.º 7 da Lei 19/2013 a continuación móstranse os enlaces para consultar as directrices, instrucións, acordos, circulares ou respostas a consultas formuladas polos particulares ou outros órganos na medida que supoñan unha interpretación do Dereito ou teñan efectos xurídicos.

Toda a actividade da CNMC incluíndo tamén as memorias, informes, análises propostas, normativas e documentos que deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación pode encontrarse a través dos seguintes dous buscadores:

 

 

Últimas 10 Sesiones de Consejo
Número Sesión Sala Fecha Consejo
P/154/20 PLENO SESIÓN 25 JUNIO 2020 Pleno del Consejo 25/06/2020
P/153/20 PLENO SESIÓN 10 JUNIO 2020 Pleno del Consejo 10/06/2020
SSR/341/20 SSR 28 DE MAYO DE 2020 Sala de Supervisión Regulatoria 28/05/2020
SC/018/20 SC SESIÓN 28 MAYO 2020 Sala de Competencia 28/05/2020
P/152/20 PLENO SESIÓN 27 MAYO 2020 Pleno del Consejo 27/05/2020

 

Se o prefire, pode consultar esa mesma información navegando de forma estruturada a través dos principais ámbitos de actuación da CNMC:

 

Información económica, presupostaria e estadística

De acordo co art.º 8 da Lei 19/2013 a continuación móstranse os enlaces para consultar a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou presupostaria, así como datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume presupostario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

 

 

Respecto á información estatística do mesmo art.º 8 da Lei 19/2013, no seguinte enlace pódense consultar os datos estatísticos necesarios para valorar o grao de cumprimento e a calidade dos servizos públicos que son competencia da CNMC, así como descargar os datos en bruto noutros formatos reutilizables por outros sistemas de información (reutilizables):

 

Protección de datos

A CNMC é consciente da importancia da protección dos datos de carácter persoal que xestiona, polo que ten moi presente o disposto no vixente Regulamento xeral de protección de datos e pon á disposición das persoas interesadas o contacto do seu delegado de protección de datos, ao que lle poden formular todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos con relación a estes datos: dpd@cnmc.es.

Límites aplicados ao dereito de acceso a información pública.

O dereito de acceso dos cidadáns a información pública pode verse limitado pola propia natureza da información solicitada ou porque esta entra en conflito con outros intereses protexidos. O artigo 14.1 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, establece unha listaxe taxada dos límites aplicables ao dereito de acceso, de forma proporcionada e limitada, polo seu obxecto e finalidade tras a realización dun test de dano (do interese que se salvagarda co límite) e de interese público na divulgación (que no caso concreto non prevaleza o interese público na divulgación da información).

En cumprimento do disposto polo artigo 14.3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, na seguinte listaxe poden consultarse as últimas solicitudes de acceso a información pública tramitadas por esta comisión, ás que se lles aplicou algún dos límites aplicables.

Últimos 5 resoluciones
Número Expediente Fecha
AIP/020/20 SOLICITUD DE ACCESO - ASOCIACIÓN ESTATAL DE CINE -AEC-
AIP/014/20 SOLICITUD DE ACCESO A EXPEDIENTE S/70425/12
AIP/017/20 SOLICITUD DE ACCESO A EXPEDIENTE IPN/CNMC/41/19
AIP/003/20 SOLICITUD DE ACCESO A EXPEDIENTE S/DC/0617/17
AIP/050/19 ACCESO A ACTAS CONSEJO