Comité da Directiva Postal (Postal Directive Committee)

Na regulación do sector postal, a Comisión Europea está asistida por un comité formado polas autoridades nacionais reguladoras da UE.

En 2015 participamos en dúas ocasións neste comité, en reunións que versaron fundamentalmente sobre a consulta pública que lanzou a Comisión sobre a entrega transfronteiriza dos paquetes do comercio electrónico na UE, no marco da Estratexia de Mercado Único Dixital (DSM Dixital Single Market), e sobre o Informe sobre a aplicación da directiva postal.

Na reunión celebrada en decembro, presentamos o Informe sobre a aplicación da directiva postal, un estudo econométrico sobre a entrega transfronteiriza de paquetes derivados do comercio electrónico (ambos os dous foron posteriormente publicados), e unha serie de iniciativas no sector postal no marco da DSM: acordos voluntarios entre operadores como o Programa Interconnect, proxectos de estandarización, unha plataforma web para suplir o déficit de información dos pequenos comerciantes en liña, e outras medidas para mellorar a transparencia da información en prezos.

As prioridades da Comisión Europea no sector postal nos próximos meses pasan pola aprobación do regulamento sobre os envíos de paquetería transfronteiriza na UE e a posta en marcha das medidas de transparencia de prezos que se espera que faciliten o desenvolvemento do Mercado Único Dixital. As devanditas medidas de transparencia esixen a implicación das autoridades reguladoras nacionais. En xeral, a atención vai centrarse no segmento da paquetería, sen prexuízo da vixilancia da competencia no sector cartas, e o control das axudas públicas aos operadores designados para prestar o Servizo Postal Universal.

Enlaces de interese

  1. DG GROWTH
  2. Nuevas reglas sobre comercio electrónico para extraer el máximo beneficio del mercado único / New e-commerce rules to help reap full benefit of Single Market
  3. BEREC (Foro de Reguladores Europeos de Telecomunicaciones) Y ERGP (Foro de Reguladores Europeos del Sector Postal) adoptan una opinión conjunta sobre la transparencia de precios y la supervisión regulatoria de los servicios de paquetería transfronteriza / BEREC and ERGP adopt a joint opinion on price transparency and regulatory oversight of cross-border parcel delivery

  4. Informe sobre la aplicación de la Directiva Postal Europea / Report on the application of the Postal Services Directive adopted
  5. Compras por internet... Consulta pública sobre los servicios de paquetería transfronteriza / Internet shopping... Public consultation on cross-border parcel delivery
  6. Investigación de la Comisión Europea sobre el caso de ayudas otorgadas por el Estado Español a Correos en el período 2004-2010
  7. The European Regulators Group for Postal Services