Unidade de Intelixencia Económica

A Unidade de Intelixencia Económica (UIE) é a unidade da CNMC encargada de aplicar a estatística e a intelixencia artificial para mellorar a detección de oficio de prácticas anticompetitivas.

Unha das tendencias máis evidentes dos últimos anos é o crecemento exponencial do volume de información dispoñible e con ela o desenvolvemento de novas ferramentas de análise e tratamento de datos.

As autoridades de competencia, lonxe de permanecer alleas a esta nova realidade, adaptan as súas estruturas e instrumentos para aproveitar estes novos desenvolvementos a partir da creación de unidades de intelixencia.

Ademais, a unidade dálle soporte á toma de decisións da Dirección de Competencia, grazas á análise de datos a través de ferramentas de bussiness intelligence, así como á mellora da efectividade das inspeccións; por exemplo, mediante a obtención de información con técnicas OSINT (Open Source Intelligence). Adicionalmente, analiza comportamentos derivados desta nova realidade, como é a colusión algorítmica.

Por último, a UIE é a unidade da CNMC encargada do programa de informantes de ilícitos de competencia, para o que conta con diferentes vías de colaboración cidadá anónima que lle permiten ter coñecemento de indicios de prácticas anticompetitivas mantendo en todo momento o anonimato e a confidencialidade da devandita colaboración.