Actividade internacional

Participamos no chamado “Foro de Tesalónica”. Este foro foi creado por iniciativa da Comisión Europea en xuño do ano 2014 cos seguintes obxectivos:


·         Intercambiar experiencias e mellores prácticas entre todos os axentes que participan no sector aeroportuario.
·         Aplicación práctica da Directiva sobre Taxas Aeroportuarias, co obxectivo de identificar as dificultades de aplicación na súa transposición aos ordenamentos xurídicos nacionais nos distintos estados membros.
·         Reflexión común sobre os principios para a fixación das taxas aeroportuarias para compartir criterios e mellores prácticas na estimación dos custos (en particular o custo de capital), así como os modelos de estimación de tráfico, os esquemas de incentivos e os indicadores de calidade.
·         Revisión da Directiva de taxas aeroportuarias.

Unha vez creado o Foro, e por acordo dos participantes, decidiuse crear dous grupos de traballo1 focalizados en aspectos de especial interese para a maioría como son:
1.    O procedemento de transparencia e consultas entre o xestor aeroportuario e os representantes das compañías aéreas.
2.    O custo de capital (WACC).
Participamos en ambos os dous grupos e lideramos o do custo de capital.

1 Os estados membros que participan nos grupos de traballo xunto á Comisión Europea son os seguintes: Austria, Alemaña, Italia, Holanda, Reino Unido, Irlanda, Francia, Suecia, Dinamarca, e España.spaña.