Supervisón dos cánons

Velamos por que os canons ferroviarios cumpran o disposto na lexislación vixente. Desta forma, ADIF e ADIF Alta Velocidade deben presentarnos unha proposta de canons que deben someter a consulta das empresas ferroviarias e a informe previo da CNMC. Para facer as comprobacións necesarias, podemos encargar e realizar auditorías aos administradores de infraestruturas de forma que poida coñecer os custos subxacentes á prestación destes servizos.

Ademais, o Regulamento comunitario tamén nos outorga funcións na análise dos modelos de custos directamente imputables ao servizo ferroviario.

Finalmente, en relación coa aplicación do sistema de incentivos no sistema dos canons ferroviarios previsto na Orde FOM/189/2015, ademais de resolver calquera conflito que derive da súa aplicación, resolvemos sobre os parámetros básicos do sistema, no caso de que non haxa acordo entre os administradores das infraestruturas e as empresas ferroviarias. Contamos, ademais, cun representante no Comité de seguimento do sistema de incentivos.

Últimas resoluciones

Todas las resoluciones de supervisión de cánones ferroviarios