Axudas públicas
Máis alá do seu impacto sobre a implantación do mercado interior comunitario, a concesión de axudas públicas, calquera que sexa a forma daquelas, constitúe unha forma de intervención na economía que pode alterar o funcionamento dos mercados. De feito, en ocasións esta actuación pode supoñer prexuízos ao xogo competitivo que, lonxe de favorecer o interese público, poden ir na súa contra.
A Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia permitiu afianzar e afondar as funcións da autoridade española de competencia en materia de axudas públicas, dentro do conxunto de atribucións encamiñadas á promoción da competencia.
En efecto, a Lei 15/2007 permítelle á CNMC emitir informes con respecto aos réximes de axudas e ás axudas individuais e dirixir recomendacións aos poderes públicos conducentes ao mantemento da competencia efectiva nos mercados. Así mesmo, a CNMC emitirá con carácter anual un Informe sobre as axudas públicas concedidas en España, que ten carácter público.
O Real Decreto 261/2008, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Defensa da Competencia (art. 7 e 8), precisa que a análise das axudas versará sobre aspectos tanto xurídicos como económicos, e poderá chegar a valorar aspectos como o plan estratéxico no que a axuda se integra, as súas bases reguladoras ou os elementos positivos e negativos da súa concesión dentro da denominada proba de sopesamento da axuda.
Por último, é de destacar a posta en marcha dun centro informativo telemático coas axudas públicas nacionais que fosen publicadas en diarios oficiais. Con esta atribución preténdese servir de complemento ao rexistro de axudas de Estado que xestiona a propia Comisión Europea.
Últimas Axudas
Número | Expediente | Tipo | Importe | Otorgante | Fecha |
---|---|---|---|---|---|
AE/CNMC/171/23 | PROYECTOS Y ACTIVIDADES PARA EL DESARROLLO DE PÚBLICOS CULTURALES 2023. PAÍS VASCO | Exenta UE | GOBIERNO VASCO - CONSEJERÍA DE CULTURA Y POLÍTICA LINGÜÍSTICA | 31/03/2023 | |
AE/CNMC/170/23 | PROGRAMA TECNOLÓGICO AERONÁUTICO 2023 -MRR- | Exenta UE | CENTRO PARA EL DESARROLLO TECNOLOGICO INDUSTRIAL | 31/03/2023 | |
AE/CNMC/169/23 | PROGRAMA DE INCLUSIÓN LABORAL DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD EN EL MERCADO DE TRABAJO PROTEGIDO. CASTILLA-LA MANCHA | Exenta UE | CONSEJERIA DE ECONOMIA, EMPRESAS Y EMPLEO DE LA JUNTA DE COMUNIDADES DE CASTILLA-LA MANCHA | 30/03/2023 | |
AE/CNMC/168/23 | FOMENTO DE LA CONTRATACIÓN DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD Y OTROS COLECTIVOS ESPECIALMENTE VULNERABLES. MADRID | Exenta UE | CONSEJERIA DE ECONOMÍA Y HACIENDA COMUNIDAD DE MADRID | 30/03/2023 | |
AE/CNMC/166/23 | ICF AGROLIQUIDEZ. PESCA. CATALUÑA | Exenta UE | INSTITUT CATALA DE FINANCES | 29/03/2023 | |
AE/CNMC/165/23 | AYUDAS REGIONALES A LA INVERSIÓN. SUSTITUCIÓN DEL RÉGIMEN SA.102394. ANDALUCÍA | Exenta UE | VICECONSEJERIA DE FOMENTO, INFRAESTRUCTURAS Y ORDENACION DEL TERRITORIO JUNTA DE ANDALUCIA | 29/03/2023 | |
AE/CNMC/167/23 | PROYECTOS TEATRALES DE SALA Y DE CALLE DE CARÁCTER PROFESIONAL -2023-2026- . CATALUÑA | Exenta UE | INSTITUTO CATALÁN DE LAS INDUSTRIAS CULTURALES | 29/03/2023 | |
AE/CNMC/162/23 | PROGRAMA DE ANIMACIÓN A LA LECTURA EN EL MUNDO RURAL | Exenta UE | MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE | 28/03/2023 | |
AE/CNMC/159/23 | ENTIDADES SIN FINES DE LUCRO QUE PROMUEVEN Y FORTALECEN LA INDUSTRIA EDITORIAL | Exenta UE | MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE | 28/03/2023 | |
AE/CNMC/158/23 | EVENTOS DE CONTENIDO CULTURAL DIGITAL EN CATALUÑA | Exenta UE | OFICINA DE APOYO A LA INICIATIVA CULTURAL. CATALUÑA | 28/03/2023 |