Axudas públicas
Máis alá do seu impacto sobre a implantación do mercado interior comunitario, a concesión de axudas públicas, calquera que sexa a forma daquelas, constitúe unha forma de intervención na economía que pode alterar o funcionamento dos mercados. De feito, en ocasións esta actuación pode supoñer prexuízos ao xogo competitivo que, lonxe de favorecer o interese público, poden ir na súa contra.
A Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia permitiu afianzar e afondar as funcións da autoridade española de competencia en materia de axudas públicas, dentro do conxunto de atribucións encamiñadas á promoción da competencia.
En efecto, a Lei 15/2007 permítelle á CNMC emitir informes con respecto aos réximes de axudas e ás axudas individuais e dirixir recomendacións aos poderes públicos conducentes ao mantemento da competencia efectiva nos mercados. Así mesmo, a CNMC emitirá con carácter anual un Informe sobre as axudas públicas concedidas en España, que ten carácter público.
O Real Decreto 261/2008, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Defensa da Competencia (art. 7 e 8), precisa que a análise das axudas versará sobre aspectos tanto xurídicos como económicos, e poderá chegar a valorar aspectos como o plan estratéxico no que a axuda se integra, as súas bases reguladoras ou os elementos positivos e negativos da súa concesión dentro da denominada proba de sopesamento da axuda.
Por último, é de destacar a posta en marcha dun centro informativo telemático coas axudas públicas nacionais que fosen publicadas en diarios oficiais. Con esta atribución preténdese servir de complemento ao rexistro de axudas de Estado que xestiona a propia Comisión Europea.
Últimas Axudas
Número | Expediente | Tipo | Importe | Otorgante | Fecha |
---|---|---|---|---|---|
AE/CNMC/198/23 | MUSEO DO POBO GALEGO. PROGRAMACIÓN Y SERVICIOS DISPONIBLES EN LAS BIBLIOTECAS ARCHIVOS MUSEOS Y CENTROS DE INTERPRETACIÓN | Exenta UE | 451.800,00 € | XUNTA DE GALICIA | 19/04/2023 |
AE/CNMC/202/23 | PLANES DE DISTRIBUCIÓN DE LARGOMETRAJES CINEMATOGRÁFICOS. CATALUÑA | Exenta UE | INSTITUTO CATALÁN DE LAS INDUSTRIAS CULTURALES | 19/04/2023 | |
AE/CNMC/201/23 | PROMOCIÓN DE LARGOMETRAJES CINEMATOGRÁFICOS EN VERSIÓN ORIGINAL CATALANA U OCCITANA EN SU VARIANTE ARANESA. CATALUÑA | Exenta UE | INSTITUTO CATALÁN DE LAS INDUSTRIAS CULTURALES | 19/04/2023 | |
AE/CNMC/197/23 | PROGRAMACIÓN Y SERVICIOS DISPONIBLES EN LAS BIBLIOTECAS ARCHIVOS MUSEOS Y CENTROS DE INTERPRETACIÓN. GALICIA | Exenta UE | 100.000,00 € | XUNTA DE GALICIA | 19/04/2023 |
AE/CNMC/196/23 | PRODUCCIÓN DE LARGOMETRAJES CINEMATOGRÁFICOS. CATALUÑA | Exenta UE | INSTITUTO CATALÁN DE LAS INDUSTRIAS CULTURALES | 19/04/2023 | |
AE/CNMC/195/23 | PROYECTOS CULTURALES QUE UTILICEN TECNOLOGÍA INMERSIVA. CATALUÑA | Exenta UE | OFICINA DE APOYO A LA INICIATIVA CULTURAL. CATALUÑA | 19/04/2023 | |
AE/CNMC/194/23 | AYUDAS A TITULARES DE EXPLOTACIONES GANADERAS QUE REALICEN PRUEBAS DIAGNÓSTICAS DE LOS PROGRAMAS DE SANIDAD ANIMAL. CANTABRIA | Exenta UE | 200.000,00 € | GOBIERNO DE CANTABRIA | 19/04/2023 |
AE/CNMC/188/23 | MODERNIZACIÓN Y DIVERSIFICACIÓN DEL SECTOR INDUSTRIAL. ISLAS CANARIAS | Exenta UE | CONSEJERIA DE ECONOMIA, INDUSTRIA, COMERCIO Y CONOCIMIENTO DEL GOBIERNO DE CANARIAS | 18/04/2023 | |
AE/CNMC/187/23 | FOMENTO DE LA INVERSIÓN EN ECONOMÍA CIRCULAR EN PROYECTOS EMPRESARIALES. ARAGÓN | Exenta UE | GOBIERNO DE ARAGON | 18/04/2023 | |
AE/CNMC/186/23 | PRODUCCIONES Y COPRODUCCIONES AUDIOVISUALES DE CONTENIDO CULTURAL GALLEGO | Exenta UE | AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS | 18/04/2023 |