Axudas públicas
Máis alá do seu impacto sobre a implantación do mercado interior comunitario, a concesión de axudas públicas, calquera que sexa a forma daquelas, constitúe unha forma de intervención na economía que pode alterar o funcionamento dos mercados. De feito, en ocasións esta actuación pode supoñer prexuízos ao xogo competitivo que, lonxe de favorecer o interese público, poden ir na súa contra.
A Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia permitiu afianzar e afondar as funcións da autoridade española de competencia en materia de axudas públicas, dentro do conxunto de atribucións encamiñadas á promoción da competencia.
En efecto, a Lei 15/2007 permítelle á CNMC emitir informes con respecto aos réximes de axudas e ás axudas individuais e dirixir recomendacións aos poderes públicos conducentes ao mantemento da competencia efectiva nos mercados. Así mesmo, a CNMC emitirá con carácter anual un Informe sobre as axudas públicas concedidas en España, que ten carácter público.
O Real Decreto 261/2008, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Defensa da Competencia (art. 7 e 8), precisa que a análise das axudas versará sobre aspectos tanto xurídicos como económicos, e poderá chegar a valorar aspectos como o plan estratéxico no que a axuda se integra, as súas bases reguladoras ou os elementos positivos e negativos da súa concesión dentro da denominada proba de sopesamento da axuda.
Por último, é de destacar a posta en marcha dun centro informativo telemático coas axudas públicas nacionais que fosen publicadas en diarios oficiais. Con esta atribución preténdese servir de complemento ao rexistro de axudas de Estado que xestiona a propia Comisión Europea.
Últimas Axudas
Número | Expediente | Tipo | Importe | Otorgante | Fecha |
---|---|---|---|---|---|
AE/CNMC/123/22 | AYUDAS DIRECTAS A TRABAJADORES AUTÓNOMOS Y EMPRESAS PRIVADAS DEL TRANSPORTE POR CARRETERA AFECTADAS POR EL INCREMENTO DEL PRECIO DE LOS CARBURANTES -TCF- MT UKR | Notificada UE | 450.000.000,00 € | 13/05/2022 | |
AE/CNMC/104/22 | SUBVENCIONES A PRODUCCIONES Y COPRODUCCIONES AUDIOVISUALES DE CONTENIDO CULTURAL GALLEGO. GALICIA | Exenta UE | AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS | 25/04/2022 | |
AE/CNMC/110/22 | MECANISMO DE COMPENSACIÓN DE COSTES DE EMISIONES INDIRECTAS DE GASES DE EFECTO INVERNADERO PARA COSTES INDIRECTOS DURANTE EL PERIODO 2021-2030 | Notificada UE | 2.900.000.000,00 € | 22/04/2022 | |
AE/CNMC/103/22 | FOMENTO DE ESTRUCTURAS DE EMPRESAS EN LAS ARTES ESCÉNICAS DE SALAS DE TEATRO SALAS DE MÚSICA Y TABLAOS FLAMENCOS. MADRID | Exenta UE | CONSEJERÍA DE CULTURA, TURISMO Y DEPORTES, COMUNIDAD DE MADRID | 20/04/2022 | |
AE/CNMC/102/22 | AYUDAS DIRIGIDAS A APOYAR LAS INVERSIONES PRODUCTIVAS Y TECNOLÓGICAS. MURCIA | Exenta UE | INSTITUTO DE FOMENTO DE LA REGIÓN DE MURCIA | 20/04/2022 | |
AE/CNMC/101/22 | AYUDAS A LA DANZA LA LÍRICA Y LA MÚSICA 2022 | Exenta UE | INSTITUTO NACIONAL DE LAS ARTES ESCÉNICAS DE LA MÚSICA | 19/04/2022 | |
AE/CNMC/100/22 | AYUDAS A GRANDES EMPRESAS EN LAS QUE LA TRANSFORMACIÓN SEA PRODUCTO NO AGRÍCOLA ACOGIDA A INVERSIÓN TERRITORIAL INTEGRADA DE LA PROVINCIA DE CÁDIZ | Exenta UE | CONSEJERÍA DE AGRICULTURA, GANADERÍA, PESCA Y DESARROLLO SOSTENIBLE DE LA JUNTA DE ANDALUCÍA. | 19/04/2022 | |
AE/CNMC/099/22 | TRANSFORMACIÓN COMERCIALIZACIÓN O DESARROLLO DE NUEVOS PRODUCTOS AGRÍCOLAS. ANDALUCÍA | Exenta UE | CONSEJERÍA DE AGRICULTURA, GANADERÍA, PESCA Y DESARROLLO SOSTENIBLE DE LA JUNTA DE ANDALUCÍA. | 19/04/2022 | |
AE/CNMC/098/22 | AYUDAS A LA PRODUCCIÓN EDITORIAL LITERARIA 2022. PAÍS VASCO | Exenta UE | GOBIERNO VASCO - CONSEJERÍA DE CULTURA Y POLÍTICA LINGÜÍSTICA | 19/04/2022 | |
AE/CNMC/097/22 | AYUDAS AL TEATRO Y AL CIRCO 2022 | Exenta UE | INSTITUTO NACIONAL DE LAS ARTES ESCÉNICAS DE LA MÚSICA | 19/04/2022 |